noitenada

Unha noite non é nada

12.00€

Terceiro traballo discográfico na carreira de TREIXADURAUNHA NOITE NON É NADAsupón unha intencionada continuación de UNHA NOITE NO MUIÑO. Se no anterior proxecto aproveitamoso comenzo da copla para incidir na figura do muíño dentro da historia da música e da cultura galegas, nesta ocasión a copla serve de escusa para reivindicar a transmisión das melodías e do patrimonio cultural galego a través de séculos de historia.

Este disco constitúe a nosa particular contribución á difusión da música e das melodías de grupos e figuras do mundo da gaita na Galiza. Queremos ser parte desa cadea de transmisión que, concerto tras concerto, noite tras noite, dá a coñecer un repertorio musical que ven a ser parte importante desa cultura que nos define como galegos.

 

Descrición do Produto

UNHA NOITE NON É NADA
Edicións do Cumio 2003

Terceiro traballo discográfico na carreira de TREIXADURAUNHA NOITE NON É NADAsupón unha intencionada continuación de UNHA NOITE NO MUIÑO. Se no anterior proxecto aproveitamoso comenzo da copla para incidir na figura do muíño dentro da historia da música e da cultura galegas, nesta ocasión a copla serve de escusa para reivindicar a transmisión das melodías e do patrimonio cultural galego a través de séculos de historia.

Este disco constitúe a nosa particular contribución á difusión da música e das melodías de grupos e figuras do mundo da gaita na Galiza. Queremos ser parte desa cadea de transmisión que, concerto tras concerto, noite tras noite, dá a coñecer un repertorio musical que ven a ser parte importante desa cultura que nos define como galegos.

O disco gravouse nos meses de novembro e decembro de 2001 no estudio As Galesas, en Outes. Para a realización do mesmo contamos coa axuda do gran músico galego RODRIGO ROMANÍ, que levou a cabo as tarefas de producción e masterización, mentres que os arranxos e o desenrolo da idea orixinal correron a cargo do grupo. Como colaboradores especiais, contamos cun grupo de amigos que reunimos baixo o nome de ORFEÓN TREIXADURA e que puxeron voz a un dos temas deste traballo.

O repertorio de UNHA NOITE NON É NADAreune pezas pertencentes a moi diversos ámbitos da música galega: grupos de gaiteiros, corais, temas de autor, repertorio de gaiteiros solistas, cantigas extraídas de cancioneiros galegos, todas elas tratadas coa mesma sensibilidade,a de quen ama, goza e se recrea cunha música que, como escribe Antón Santamarina no prólogo do disco:

“…. agora xa non é só unha música para pasar o tempo, é a nosa música nacional e con esa consciencia a tocamos.”

 Sirva, pois, esta colección de mazurcas, foliadas, muiñeiras, pasodobles e demais ritmos para difundir e perpetuar o sentir dos gaiteiros e gaiteiras dos tempos nos que nos tocou vivir. Pois eso, que quedan moitas noites de música por vir e que UNHA NOITE NON É NADA.

As cantigas que se inclúen neste traballo son as seguintes:

A Chula de Pontevedra (Tradicional)
Colección de temas tradicionais galegos extraídos da zarzuela “La Chula de Pontevedra” de Paradas-Jiménez-Luna-Bru, publicada o 27 de febreiro de 1928.

Unha Noite non é Nada  (Tradicional / Repertorio de OS CAMPANEIROS)
Alalá tradicional recollido en Vilanova dos Infantes que acompañamos cunha alborada do repertorio de OS CAMPANEIROS de Vilagarcía de Arousa.

Cacería en Do Maior (Mazurcas) (Repertorio de OS CAMPANEIROS/ OS ENCANTIÑOS DO UMIA )
A primeira das mazurcas pertence a OS CAMPANEIROS e aparece no arquivo de Xerardo F. Santomé. A segunda foi recollida por José L. Dopico Orjais a OS ENCANTIÑOS DO UMIA en Godos (Caldas de Reis). NUNCA MÁIS.

A Mazá Gardada (Tradicional)
Esta foliada foi aprendida de Marisa Bermúdez na vila de Ponteareas. As coplas pertencen a diversos cancioneiros tradicionais galegos. Acompañámola doutra foliada que co rexistro CF 95 aparece en “Aires da Terra” de José Luis Calle.

Aires da Terra (Tradicional)
No traballo do mesmo nome, José Luis Calle aporta este par de muiñeiras do repertorio de Perfecto Feijóo.

Polca da Porteliña (Paulo Nogueira)
Nunha das ladeiras do monte Aloia, no lugar da Porteliña, atópase a escola pública da parroquia de Pazos de Reis. A ela vai adicada esta polca para dúas gaitas.

Xiada (Paulo Nogueira)
Adicada a Ricardo Santos e ó cuarteto de gaiteiros Xiada de A Coruña.

Os Amigos (Benxamín Fernández Pazos)
Pasodoble que Benxamín Fdez Pazos adicou ó grupo de gaiteiros Os Amigos.

Pandeiretada (Tradicional)
En “Tódolos Muiños da Terra Galega”, Andrés Sampedro presenta a melodía coa que se abre este tema. A segunda muiñeira pertenceu ó repertorio do gaiteiro O Choqueiro de Cangas (“Aires De Terra”, CF 38, muiñeira de Aldán). As letras son populares.

Melide (Repertorio de OS MARIÑÁNS DE SÍSAMO)
Version de Treixadura deste fermoso pasodoble do repertorio de OS MARIÑÁNS DE SÍSAMO.

Xota Vella (Repertorio de Modesto Sánchez)
O ilustre musicólogo Alan Lomax recolleu no ano 1952 esta fermosa melodía interpretada por Modesto Sánchez (gaiteiro da coral De Ruada). In memoriam.

Dos recoñecidos traballos de Perfecto Feijoo, Faustino Santalices ou Casto Sampedro tomamos fermosos temas como A Chula de PontevedraUnha Noite non é Nada, Xota Vella (que tanto nos lembrao xenio de Modesto Sánchez ou Ricardo Portela) e Aires da Terra (gracias sempre a José Luis Calle polo seu libro).

Non queremos deixar de mencionar aquí o traballo non por menos coñecido menos importante, de:

Manuel Capelo , fornecedor de moitas das coplas do repertorio de Cántigas da Terra.

Carlos Rey , folclorista e fundador dos grupos Pallamallada e Os Terribles de Arousa.

Ricardo Santos , gaiteiro do coro Cántigas da Terra e do excepcional grupo que foi Xiada.

De sempre en TREIXADURA, a nosa admiración e gratitude ós vellos gaiteiros que foron quen de termar da nosa esencia en tempos de incomprensión e menosprezo.Para esta ocasión escollemos repertorio de OS CAMPANEIROS, OS ENCANTIÑOS DO UMIA, OS GAITEIROS DE LUGO e OS MARIÑÁNS DE SÍSAMO.

O noso agradecemento tamén para aqueles que, dalgunha maneira, nos dan a coñecer cantigas que, co tempo, pasan a formar parte do noso repertorio. Nesta ocasión: Marisa Bermúdez, Andrés Sampedro, Xerardo F. Santomé e Xosé L. Dopico Orjais.

Por último, lembrarvos que TREIXADURA ofrece dous temas da nosa feitura neste traballo: a Polca da Porteliña  e  Xiada.

Opinións

Non hai reseñas ainda.

Be the first to review “Unha noite non é nada”


Apartado de Correos nº 76, Cambados, Pontevedra - Tfnos (0034) 986 337069 / Mób. (0034) 678578013 correo@treixadura.com