unhanoi

Unha noite no muiño

12.00€

UNHA NOITE NO MUIÑO
Edicións do Cumio 1999

Un segundo traballo discográfico supón todo un reto para calquera grupo, xa que se trata de asentar o estilo e lugar que éste quere ocupar dentro do panorama musical.

No caso de TREIXADURA había unha dificultade engadida, que era o cambio de formación sufrido un ano antes da gravación. Así pois, cando comezamos a pensar nos arranxos do disco, tiñamos claro que o resultado final do mesmo debería ser identificado plenamente co noso son. O acordeón incluíuse no grupo seguindo esa liña de traballo.

Descrición do Produto

UNHA NOITE NO MUIÑO
Edicións do Cumio 1999

Un segundo traballo discográfico supón todo un reto para calquera grupo, xa que se trata de asentar o estilo e lugar que éste quere ocupar dentro do panorama musical.

No caso de TREIXADURA había unha dificultade engadida, que era o cambio de formación sufrido un ano antes da gravación. Así pois, cando comezamos a pensar nos arranxos do disco, tiñamos claro que o resultado final do mesmo debería ser identificado plenamente co noso son. O acordeón incluíuse no grupo seguindo esa liña de traballo.

“UNHA NOITE NO MUIÑO”  foi gravado nos estudios Areamáster de Vigo durante o nadal de 1998. As mesturas do mesmo leváronse a cabo en Edisco, na Estrada, e correron a cargo de Fernando Campos , actual técnico de son do grupo, e César Longa. O traballo saíu ó mercado editado por Edicións do Cumio. A formación que gravou o disco é a seguinte:

XAQUÍN XESTEIRA: Gaitas en Do e La, tamboril, pandeireta, pandeiro, cunchas e coros.
TONIÑO LÓPEZ: Gaita en Re, tamboril, pandeireta, cunchas, voz e coros.
XAN LÓPEZ: Gaitas en Do, Re e La, bombo, voz e coros.
CÉSAR LONGA: Acordeón, bombo e coros.
PAULO NOGUEIRA: Gaitas en Do, Re e La e bombo.

Para a confección e deseño da carpeta do disco, unha vez máis, contamos coa colaboración de diversos amigos, algúns dos cales xa tiveran traballado con nós na edición do disco anterior :

Delio Domínguez , o muiñeiro, colaborou cantando un fermoso alalá.

Secundino Diz, realizando a capa e contracapa do CD.

Antón Guisande , fotografando as ideas do grupo .

Xan de Arbo, cos textos “Martes Pechado” e “A Noite Sobre O Muíño”, desvelou o que quixemos dicir con este traballo.

A gravación consta de catorce temas, dous deles de autor: 
“O pasar por Coruxo” 
de Enrique Otero Covelo e “Muiñeira do Seixo” de Paulo Nogueira, primeira composición propia que aporta o grupo ó seu repertorio. O resto dos temas pertencen á música tradicional do país.

“UNHA NOITE NO MUIÑO” inclúe un fermoso alalá que aparece en diversos cancioneiros e parte da “Muiñeira de Umoso”, recollida no “ASÍ CANTA GALICIA” de Daniel González. O resto dos temas son os seguintes:

   “O Melro”: Foliada ben coñecida por terras de Catoira, onde grupos como OS AREEIRAS ou FAÍSCAS DO XIABRE, adoitaban tocala.

   “Ó pasar por Coruxo”: Pasodoble composto por Enrique Otero Covelo, co que o seu grupo, OS CRUCEIROS, despedía o verán polas praias de Vigo e Coruxo.

   “Xota de Xosé”: Xota de corte tradicional pertencente ó repertorio de OS MONTES, de Lugo.

   “Vinde rapazas”: Son dúas muiñeiras do repertorio do coro AIRES DA TERRA, de Pontevedra, dirixido por Perfecto Feijóo. A segunda delas foi aprendida dun famoso gaiteiro de Cangas chamado “o Choqueiro”.

   “Valses da Arousa”: Dende sempre foi práctica habitual entre os gaiteiros ofrecer unha interpretación persoal dos temas que tocaban. Esta é a versión de TREIXADURA de dous valses de grupos tan enxebres como OS AREEIRAS e OS CAMPANEIROS.

   “Esta noite” (Alalá de Meira) : Particular interpretación deste alalá que figura nos arquivos do coro CÁNTIGAS DA TERRA como “Alalá de Meira”.

   “Marchas Procesionais”: Dúas marchas de procesión recompiladas no seu día por Casto Sampedro como orixinarias de Xeve e Pontevedra.

   “San Fins do Castro”: Foliada que se canta na parroquia de Cesullas (Cabana). Fai referencia á romaría do San Fins do Castro, célebre polo “berro seco” instaurado polo crego don Saturnino Cuíñas.

   “Pasodoble de San Roque”: Con este pasodoble adoitaban facer a súa entrada no recinto da romaría de San Roque, en Vigo, os gaiteiros OS MORENOS DE LAVADORES. Foi moi popularizado por tódolos grupos da bisbarra e, de forma sobranceira, polos irmáns Portela.

   “Terra de Montes”: Tema coñecido con diversos títulos (“Foliada de Soutelo”, “Foliada de San Andrés de Teixido”, “Foliada de Barro de Arén”) que polos lugares que cita, Barro, Arén e Meilide no concello de Cerdedo e Soutelo no de Forcarei, nos leva a Terra de Montes.

“Muiñeira do Seixo”: Esta é a aportación de TREIXADURA ó repertorio de música para gaita. “Seixos” hai moitos por todo o país. Éste, en concreto, fai referencia ó da parroquia de Marín.

“Polca dos Matos”: Tema popularizado polo grupo da Coruña OS MATOS. Outro excelente gaiteiro coruñés, Ricardo Santos, a quen hai que agradecer o seu interese e traballo en prol da música tradicional, colaborou na súa divulgación.

Información adicional

Peso 0.120 kg
Dimensións 12.5 x 16 x 0.8 cm

Opinións

Non hai reseñas ainda.

Be the first to review “Unha noite no muiño”


Apartado de Correos nº 76, Cambados, Pontevedra - Tfnos (0034) 986 337069 / Mób. (0034) 678578013 correo@treixadura.com