obrigado

Obrigado

10.00€

OBRIGADO supuxo a estrea do grupo no mercado discográfico. O traballo foi ideado como unha homenaxe persoal ó mundo da gaita, incorporando como novidade a voz nalgúns dos temas do disco. Para esto último ademáis das nosas voces, contamos coa colaboración dun grupo de pandereteiras, DONICELAS de Salceda de Caselas.

Sen stock

Descrición do Produto

OBRIGADO
Produccións Cormorán

O título do disco fai clara referencia ó que pretendíamos que fora: un aceno de agradecemento a cantos nos antecederon no ámbito da música popular, pois a eles debe TREIXADURA a súa existencia.Por outro lado,consideramos tamén que é a nosa obriga deixar algunha testemuña que sirva de referente para todos aqueles que, nun futuro máis ou menos próximo, pretendan seguir avanzando no camiño da música tradicional galega.

O disco foi gravado nos estudios Cormorán (A Picaraña-Padrón), en Xaneiro de 1996.
Alberto Casas y Xosé M. Tasende se ocuparon do apartado técnico. A producción correu a cargo de Cormorán Produccións e foi distribuído por Discmedi SA.

Daquela compoñíamos TREIXADURA:

Xan López,  Antón López,  Xaquín Xesteira,  Ramón Vázquez e  Paulo Nogueira.

Este traballo conta con doce temas, oito dos cales son tradicionais:

 

  1. Pasodobre Corrido
    Con este tema presentábase TREIXADURA ó seu público nos concertos dos primeiros anos, e con el quixemos comezar o noso primeiro disco. Pertenceu ó repertorio dos gaiteiros OS CAMPANEIROS.
  2. Airiños Aires
    Rapsodia galega de Gustavo Freire.
  3. Foliada da Cantiga Mareira
    A versión escrita é a orixinal de CANTIGAS DA TERRA. A que nós cantamos foinos aprendida por “Xestal”.
  4. Polca dos Areeiras / Danza da Cruz
    A polca pertence ó repertorio dos gaiteiros OS AREEIRAS, de Catoira, un dos grupos máis representativos das Rías Baixas.
  5. Marcha Nupcial
    Marcha para gaita composta polo gaiteiro Nando Casal. O de nupcial ven pola función que cumpriu o tema o día da súa estrea (amenizou o casamento do irmán de Xocas).
  6. Lembranza do Xestal (I) / Lembranza do Xestal (II) Este tema adicámosllo á memoria de Carlos “o Xestal”, home bo e xeneroso, que, ó tempo que nos divertiu, aprendeunos moito da nosa cultura popular. Humorista, cantor, creador de varios grupos de gaiteiros, débeselle, en boa parte, a recuperación da “Marcha do Antigo Reino de Galicia”.
  7. Pasodoble de Emilio
    Máis alá das nosas fronteiras administrativas, no Bierzo galego, a ESCOLA DE GAITAS DE VILAFRANCA ten realizado un traballo de recollida do saber e tocar dos gaiteiros desa zona. Unha mostra é este pasodoble recollido pola citada escola ó gaiteiro Emilio Díaz Gutiérrez.
  8. Alalá de Carballo
    Música recollida por Xesús San Luis Romero e letra de Crisanto Sanmartín. É un tema que conserva a forma característica dos alalás interpretados polos coros galegos (alalá-muiñeira-alalá). Esta é a nosa versión.
  9. Muiñeira do Piñeiro
    Dende TREIXADURA apostamos polas melodías de composición baseadas nos xiros e cadencias populares da nosa música. Esta “Muiñeira do Piñeiro” é un exemplo. Está composta por Rafael Fernández, fillo do gaiteiro José de Aldán. *
  10. Aires de Carnaval / O Camiño do Santo Cristo Tamén do repertorio de OS CAMPANEIROS, escollemos este “pedazo de xota”, de aire picado e moi floreada , que conserva no seu interior todo o sabor e a enxebreza do repertorio dos gaiteiros das Rías Baixas. Unímola cunha muiñeira do mesmo grupo.
  11. Foliada do San Amaro
    O grupo MILLO VERDE de Aldán (Cangas) popularizou este tema na romaría que alí se celebra o día 15 de Xaneiro.
  12. Muiñeira de Oliveira
    Tema tradicional recollido en Santiago de Oliveira (Ponteareas), por Maximino Souto a Angie Dopazo. Contamos para a súa interpretación coa colaboración de AS DONICELAS.

 

Amigos de Treixadura

En “OBRIGADO” contamos coa colaboración de numerosos amigos:

  • Delio Domínguez, quen, dende os nosos comenzos, nos deixou o muíño para os ensaios dos martes.
  • Antón Guisande, autor das fotografías, gran amigo e “fotógrafo oficial” do grupo.
  • Secundino Diz, extraordinario pintor e creador do anagrama que, durante os primeiros tempos, acompañou a TREIXADURA.
  • Dolores Fernández, autora do debuxo de “o Xestal” que figura no disco e asidua siareira do grupo.
  • Xabier e Afonso “Pindoulos”, compoñentes do “Colectivo Poético Pindoulo”, que no seu texto, “Obrigado”,expuxeron a que ben poderíamos considerar como a declaración de principios de TREIXADURA.
  • DONICELAS, grupo de pandereteiras que aportou a súa voz á “Muiñeira de Oliveira”, dándolle o encanto especial e a frescura que estas mozas transmiten en cada unha das súas actuacións. 

Información adicional

Peso 0.1 kg
Dimensións 17 x 17 x 2 cm

Opinións

Non hai reseñas ainda.

Be the first to review “Obrigado”


Apartado de Correos nº 76, Cambados, Pontevedra - Tfnos (0034) 986 337069 / Mób. (0034) 678578013 correo@treixadura.com