esasiquee

Esa si que é muiñada

5 out of 5 based on 1 customer rating
(1 opinión de cliente)

15.00€

ESA SI QUE É MUIÑADA
Treixadura 2011

Coincidindo con vinte anos de gravacións, concertos, colaboracións, e vida en común remata esta tetraloxía.

Esa si que é muiñada é hoxe unha lúa crescente, case chea, que albisca a fin dun ciclo e,ao tempo,o inicio dun novo.

Os cantos que aínda hoxe viven nas tabernas, nos seráns, nos gaiteiros, nos coros, nas bandas,que permanecen en nós desde a noite dos tempos de man da tradición oral, os libros e a música.

 

Descrición do Produto

Gravado en

  • Estudio “Casa de tolos” (Mañufe, Gondomar).
    Técnicos de son: Segundo Grandío e Pablo Casal.
  • Estudios “Edisco” (A Estrada).
    Técnico de son:
    Fernando Campos
  • Mesturado en “Casa de tolos”. Ano 2010 e 2011.

FOLIADA MARMURADORA
Letra: Tradicional Música: Paulo Nogueira
Collemos pulo coa forza e alento dos catro coros decanos galegos, verdadeiras institucións culturais deste país.
Coa colaboración especial de : Real Coro Toxos e Froles, Coral De Ruada, Cantigas e Agarimos e Cántigas da Terra.

A ALFONSINA
Música: Canuto Berea
Lembrando o mestre Ricardo Portela.
Versión para gaita dunha das obras máis salientables de Canuto Berea (1836-1891).
CANTO DO MEU COMPAÑEIRO
Letra: Tradicional/Paulo Nogueira
Música: Tradicional/Paulo Nogueira
Na memoria de Morgan, Compañeiro.

FOLIADA DE XIL DE CAMBADOS
Letra: Tradicional.Música: Tradicional
Foliada do repertorio do xa desaparecido Coro da Fábrica de Tabacos da Coruña, que dirixíu o Mestre Anta Seoane (1900 – 1978), figura clave para entender a música galega da época.

VEN VER O MAR
Letra: Tradicional
Música: Paulo Nogueira / tradicional

VINDE LAVAR
Letra: Tradicional. Música: Tradicional
Esta versión de Vinde lavar, melodía popular tamén presente no repertorio dos coros galegos, aprendémola de Marisa Bermúdez, en Ponteareas. Rematamos coa Regueifa, nunha versión aprendida do señor Juan (Airiños do Parque de Castrelos).

CARAVELIÑOS
Letra: Tradicional. Música: Paulo Nogueira
Dous fachos alumean a música tradicional viva na ría de Aldán: o señor José, “Ghaiteiro do Piñeiro”, e Pepe, “o Peixe”. A eles vai dedicado este pasodobre.

ALALÁS
Letra: Tradicional. Música: Tradicional
Melodías recollidas no Cancioneiro Popular Galego de Dorothé Schubart e Antón Santamarina
Voces solistas: Antón Domínguez, Delio Domínguez, Mingos Lorenzo e Pablo Rei.

NA BEIRA DO RÍO
Música: José Romero
A partir dunha cantinela da mocidade de Maruxa, José Romero xunto co seu grupo “Os Rosales” construíron esta fermosa mazurca que agora nós adaptamos. Obrigado por sempre, Rosales.

LÚA CLAREA
Letra: Tradicional.
Música: Tradicional / Paulo Nogueira

ESA SI QUE É MUIÑADA
Letra: Tradicional
Música: Tradicional / Paulo Nogueira
Arranxos para banda de música: Rodrigo Romaní
Coa colaboración especial da Agrupación musical do Rosal e Coral De Ruada, Real Coro Toxos e Froles, e Cantigas e Agarimos.

 

COLABORADORES

Agrupación musical do Rosal

Coral De Ruada

Real Coro Toxos e Froles

Cantigas e Agarimos

Cántigas da Terra

 

1 revisión para Esa si que é muiñada

  1. David
    5 de 5

    Nasce no meu labradío…

Engadir un comentario


Apartado de Correos nº 76, Cambados, Pontevedra - Tfnos (0034) 986 337069 / Mób. (0034) 678578013 correo@treixadura.com