Tirana, morte, tirana
por on Marzo 5, 2017 en Novas

“Tirana, morte, tirana
eu de ti teño mil queixas,
quen has de levar non levas
quen has de deixar, non deixas”.

mingosHoxe é un día moi triste para Treixadura. Déixanos Mingos.
Compañeiro, Gaiteiro, membro fundador do Orfeón Treixadura. Tantos e tantos anos de amizade, de xuntanzas, de viaxes, de aprendizaxes, de música compartida…
En realidade Mingos nunca deixará de estar entre nós. A súa vitalidade, o seu sorriso inmenso… os harmónicos da súa voz seguirán resoando entre tod@s nós.
Nunca te esqueceremos, compañeiro.
Boa viaxe.
Un abrazo inmenso de Treixadura para Fini, a súa muller, e os seus fillos Miriam, Fran e Mingos.

2 Responses to Tirana, morte, tirana

  1. Carlos R Abeijón dice:

    Si que é un dia triste para todos. Pero estara sempre no noso recordo. ANQUE ME VOU NON ME VOU; ANQUE ME VOU, NON ME AUSENTO,……..

  2. Velaivai dice:

    Descanse en paz Mingos.Unha aperta para a familia

Deixa unha resposta


Apartado de Correos nº 76, Cambados, Pontevedra - Tfnos (0034) 986 337069 / Mób. (0034) 678578013 correo@treixadura.com