Vendima Tarda
por on Febreiro 9, 2015 en

Para celebrar os 25 anos na música tradicional, o grupo Treixadura edita VENDIMA TARDA, un emotivo concerto ao vivo coa compaña de antigos compoñentes do grupo e mais o coro Cantigas e Agarimos, no que repasan a súa traxectoria, engadindo algúns temas inéditos.

Neste vídeo coñeceremos a xénese do grupo, o seu vínculo incondicional coa música tradicional e o proceso de incorporación das voces do orfeón.

Esta é a versión reducida de “como se fixo” este concerto. A versión íntegra podes vela no DVD que acompaña ao disco “Vendima tarda”, á venda dende finais de 2014.

Deixa unha resposta


Apartado de Correos nº 76, Cambados, Pontevedra - Tfnos (0034) 986 337069 / Mób. (0034) 678578013 correo@treixadura.com